Publicador de contidos
Publicador de contidos

Semana atarefada nas confeiterías cos roscóns de Reis

Semana atarefada nas confeiterías cos roscóns de Reis

 Nos obradoiros non dan abasto para atender os pedidos do doce típico destas datas

G24.gal 02/01/2024 13:30

Co inicio do ano comeza tamén o traballo nas confeiterías para atender as numerosas encargas dos roscóns de Reis.

Trátase, de feito, do doce máis tradicional destas datas, que se elabora con ingredientes tan naturais como son a fariña, a manteiga, os ovos, o azucre ou o fermento. Tampouco faltan os cítricos triturados ou a auga de azar, aos que se suma a froita confeitada.

Miguel Ángel Martín, confeiteiro: "É un proceso moi laborioso, porque é moi artesanal e con produtos de primeira calidade. Non se fai seis meses antes, senón que se fai agora. Empezamos hoxe e ata o día 6 estaremos seguido facendo roscóns".

Loly Valcárcel, dependenta dunha confeitería: "É artesán totalmente. Leva a súa laranxa, o seu limón e todo o seu produto natural. O roscón faise á man e hai que movelo moito para que airee e demais. É moi lento e laborioso".

Estes días previos a Reis son dos máis atarefados do ano nos obradoiros coma este de Lugo onde nos atopamos. Dende primeira hora traballan arreo para elaborar de xeito artesanal uns roscóns que gozan dunha gran demanda.

Tanto é así que non dan abasto a atender os pedidos dos clientes, que non deixan de realizalos tanto por teléfono como acudindo ás pastelerías. Segundo sinalan dende o sector, a campaña de Reis vai, de feito, a máis de ano en ano.

Miguel Ángel Martín, confeiteiro: "Nunca damos feito a demanda que temos. A xente incluso pedía esta sobremesa para Nadal, pero nós ata o día 2 non empezamos. Debe de ser polo rico que está e o ben que o facemos, que non damos feito".

Nos roscóns non pode faltar candansúa sorpresa, con figuras de todo tipo que lles adoitan tocar aos máis larpeiros da casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos