Horas de cola nas pastelerías para facerse co prezado roscón de Reis
Horas de cola nas pastelerías para facerse co prezado roscón de Reis
Nas pastelerías e panaderías galegas con máis sona xa levan días vendendo este manxar
Seis de xaneiro, día de abrir agasallos e de comprar o tradicional roscón de Reis. Nas pastelerías e panaderías galegas con máis sona xa levan días vendendo este manxar, que é o máis demandado cada mañá de Reis.
O tradicional roscón é o culpable da longas ringleiras ás portas da céntrica pastelaría da Coruña con máis sona, que leva despachando este producto hai case sesenta anos.
"É o mellor da Coruña. Hai que facer cola dúas horas todos os anos". "A min non me gusta que sexa duro. Este ten máis manteiga e é máis rico".
Unha espera mesmo de horas que, a pesar do madrugón e do frío, se ve compensada.
"Xa fai anos que sigo esa tradición e é un pracer pasar aquí unha horiña". "No meu caso, por tradición. Había uns anos que non viña pero este ano animeime. Merece a pena".
Para moitos, almorzar hoxe con este prezado doce ou mesmo de postre no xantar é o auténtico agasallo de Reis.
"Eu vou levar tres ou catro, reparto coa familia".
Aquí xúntanse clientes habituais con ocasionais. E outros, primeirizos.
"Veño todos os anos. Só nestas datas en concreto, a comprar un par de roscóns". "É o primeiro ano. Non podo dicir nada. Dixéronme que estaba moi bo e probarei".
Con agasallo ou con faba, con froita confeitada ou sen ela, a tradición do roscón de Reis non decae co paso do tempo e que segue herdándose dunha xeración a outra.