Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Pobra de Trives presume de bica nunha nova edición da súa festa

A Pobra de Trives presume de bica nunha nova edición da súa festa

A fórmula amanteigada considérase a máis antiga de Galicia

Antes da feira os veciños degustaron un xato cacheno

G24.gal 27/07/2024 14:22 Última actualización 27/07/2024 14:53

A manteiga é o ingrediente principal da bica de Trives, unha especialidade gastronómica da zona e que nesta fin de semana celebra a edición número 51 da súa festa. Na provincia de Ourense hai moitos concellos nos que se fai a bica pero aquí teñen claro cal é a mellor.

"Aquí é onde se comezou a facer a bica. E ten que ser amanteigada".

"Por aí adiante hai produtos que se chaman bica pero que máis ben son un biscoito".

"Leva manteiga, ovos, azucre, fariña e masa de pan. Todo batido e cocido no forno".

Pero antes de degustar a bica, os veciños danse unha homenaxe degustando un becerro de raza cachena. O animal, que pesou máis de 150 quilos en canal, botou dez horas facéndose lentamente na brasa. Un menú contundente pero que casa coa bica.

"Levamos dende as dúas da mañá poñéndolle lume baixo. Mañá virán moitos turistas".

Durante a fin de semana non vai faltar a música en ningún momento, ben polas charangas, os picadiscos ou as orquestras programadas para esta festa, declarada de Interese Turístico Galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade