Cargando resultados...
As tres panadarías que fan a torta de Guitiriz participan na festa deste doce típico
As tres panadarías que fan a torta de Guitiriz participan na festa deste doce típico
Sétima edición dunha feira en que tamén hai postos de artesanía, obradoiros e música
Ademais de degustar a sobremesa, tamén se pode adquirir nalgún dos postos
G24.gal
02/06/2024 14:20
Última actualización 02/06/2024 15:03
A torta de millo de Guitiriz é a protagonista da festa arredor deste produto, tan identificador do concello chairego e que se celebra este domingo.
Os tres establecementos nos que se elabora están presentes no evento no que tamén hai postos con artesanía e outros artigos.
A torta de millo elabórase cunha receita tradicional na que non faltan ovos, azucre, manteiga e fariña de millo. O resultado é unha sobremesa ideal tamén para almorzos e merendas.
A festa alcanza este ano a sétima edición e ademais da torta coma reclamo principal, hai obradoiros e música tradicional.