Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ringleiras para recoller o roscón de reis

Ringleiras para recoller o roscón de reis

Nalgunhas confeiterías a espera é de dúas horas

G24.gal 05/01/2023 16:37

Na véspera do día de Reis hai tradicións que se manteñen cos anos, e unha delas é conseguir un roscón, aínda que para iso haxa que madrugar moito, como ocorre cada ano nesta céntrica confeitería coruñesa. Ata dúas horas chegan a agardar e mesmo hai quen se organiza por quendas para facer a espera máis levadía.

Aquí levan despachando este mesmo produto hai case sesenta anos, e non digamos que tantos, pero si unha boa chea deles son os que esta imaxe leva repetíndose ano tras ano. Porque son moitos os que pensan que non hai mellor agasallo de Reis que unha boa rosca aínda que para conseguila haxa que durmir menos do habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar