Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alameda de Santiago acolle a Semana da Prevención de Incendios

A alameda de Santiago acolle a Semana da Prevención de Incendios

Case 900 escolares pasaron polas actividades para aprender como reaccionar en situacións de emerxencia

G24.gal 07/06/2024 14:49 Última actualización 07/06/2024 18:47

Máis de 800 escolares composteláns pasaron pola Alameda de Santiago, para participar nas actividades da Semana de Prevención de Incendios. O obxectivo do programa é sensibilizar o barrio e mostrar as ferramentas para reaccionar ante situacións de emerxencia. Ensinan a identificar os riscos que se poden presentar e a transferir o coñecemento necesario para actuar.

As actividades están dirixidas polas mañás ao público escolar, e polas tardes ao público xeral. Unha das principais atraccións é A Casa do Fume, unha casa inchable onde os participantes aprenden as fuxir dun lugar onde se iniciou un incendio. Tamén a utilizar unha mangueira e un extintor. 

Hai exhibicións de vehículos de bombeiros ou traxes de intervención. Completan a actividade obradoiros de reanimación cardiopulmonar e primeiros auxilios. Outro dos atractivos do programa son as exhibicións de rescate vertical en altura.

Lembran desde a organización da actividade que o ano pasado producíronse 176 mortes en incendios domiciliarios, 15 deles en Galicia. Sinalan tamén que as campás extractoras e sobrecargar los enchufes con dispositivos electrónicos adoitan ser as habituais causas de incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade