Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sémper resta importancia ao enfado de compañeiros por usar o éuscaro no Congreso

Sémper resta importancia ao enfado de compañeiros por usar o éuscaro no Congreso

Ana Pontón márcase como obxectivo conseguir que o galego sexa oficial tamén na UE

Puigdemont agradece a Albares o traballo para oficializar o catalán en Europa

Borja Sémper defende a súa decisión de falar en éuscaro no Congreso
G24.gal 20/09/2023 14:27

Borja Sémper descolocaba ao hemiciclo e tamén ao seu propio grupo parlamentario ao utilizar algunhas frases en éuscaro. 24 horas despois, o voceiro do PP explicaba as razóns. "Intentei demostrar que no Congreso isto xa se permitía", asegura.

Engade que tamén quería evidenciar que as linguas cooficiais non son patrimonio de ninguén, tampouco dos independentistas. Pero recoñece que a idea non gustou a algúns compañeiros. "Hai quen me felicita, outros aos que lle gustou menos e algúns que non o entenderon ou non o comparten. Non pasa nada. Nós non somos o PSOE. Non expulsamos a xente por pensar diferente e dicilo", explica o voceiro do Partido Popular.

En Galicia, a voceira do BNG fala de día histórico e ponse como obxectivo conseguir que o galego tamén sexa oficial en Europa. E aquí Pontón reparte responsabilidades. Lamenta que "o Partido Popular, unha vez máis, traballe en contra do galego e que vexamos que ao PSOE haxa que empuxalo moito para que non lle dea un trato de segunda ao noso idioma".

A Unión Europea aprazou sen data a decisión sobre a oficialidade do galego, éuscaro e catalán. Expresa dúbidas por tratarse de tres linguas a un tempo. E diante desas dúbidas, España formula priorizar o catalán coma primeira lingua que pasaría a ser oficial.

Puigdemont tivo boas palabras para o ministro Albares. Agradécelle ao xefe da diplomacia "o esforzo por coñecer e defender os argumentos da nosa petición". Pero malia a felicitación, o líder independentista lémbralle ao Goberno que ten traballo pendente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade