Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen acordo na coalición de goberno para corrixir as rebaixas de penas a agresores sexuais

Sen acordo na coalición de goberno para corrixir as rebaixas de penas a agresores sexuais

Os socialistas ven un avance que Podemos admita a necesidade de corrixir a lei coas súas emendas

G24.gal 13/04/2023 14:57

Unha semana antes de que a reforma da lei do 'só si é si' chegue ao pleno do Congreso para o debate de emendas, non hai acordo na coalición de goberno para sacala adiante. Os socialistas defenden a súa proposta de que violencia e intimidación formen parte do propio delito a través dunha gradación das penas.

"É impecable. Non habería rebaixas de penas co proxecto de lei do Partido Socialista", di Félix Bolaños, ministro da Presidencia.

Pero para Unidas Podemos a proposta socialista degrada o consentimento e supón volver ao Código penal anterior. E conta co apoio de ERC e Bildu.

"É o Partido Socialista quen ten que tomar unha decisión. Ten que elixir se quere reformar o Código Penal da man do Partido Popular ou darse a man unha vez máis coa maioría da investidura", cre Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais.

A ministra de Xustiza di que é urxente reformar a lei ante a gravidade da revisión das penas. "Estou contenta de que presentaran as emendas porque van permitir que haxa debate público e porque se deran conta de que había que axustar as penas dalgún xeito. Eles atoparon un xeito, nós outro", asegura Pilar Llop.

As negociacións están abertas para chegar a un acordo co Partido Popular. "As emendas que presentamos son as que tecnicamente precisa esa reforma. Vén corrixir unha lagoa da reforma do Partido Socialista que esquece os menores entre 16 e 18 anos e a protección deses menores tamén ten que incorporarse a esta reforma. Entendemos que non vai haber ningún problema porque non pode haber ningún problema. Non imos colaborar a que a rectificación saia con lagoas", mantén Cuca Gamarra, secretaria xeral do PP.

As emendas votaranse o próximo xoves no Congreso e logo continuarán a súa tramitación no Senado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade