Sen atraccións de feira nas festas da Anunciada en Baiona
Non houbo acordo entre Concello e feirantes
Hoxe comezaron as festas da Anunciada en Baiona, nas que non hai atraccións de feira. O acordo entre feirantes e concello non foi posible.
A concelleira de Festas, que se reuniu cos feirantes en varias ocasións, apuntou que as taxas municipais que figuran na ordenanza son iguais para todos e hai que cumprilas, e tamén aludiu a motivos de seguridade e que hai zonas acabadas de renovar en que xa non se poden colocar as atraccións.
Baioneses e turistas lamentan que non haxa atraccións, sobre todo polos cativos, e eran partidarios dun acordo en que as dúas partes cedesen; aínda que algúns tamén consideran que as taxas son iguais para todos e que os feirantes non deberon usar medidas de presión con mobilizacións diante do Concello.