Cargando resultados...
Sergio Marey: "O colectivo LGBTIQA+ séntese libre na música tradicional"
Sergio Marey: "O colectivo LGBTIQA+ séntese libre na música tradicional"
Correr e cantar: unha xornada sobre o colectivo LGBTIQA+ na música tradicional e na cultura do país
Correr e cantar celebra o 17 de xuño, Día das Diversidades, un programa de actividades na Praza de Azcárraga da Coruña
Sergio Marey, comisario da xornada 'Correr e cantar'
G24.gal
12/06/2023 17:08
Última actualización 13/06/2023 11:24
Unha cita para o vindeiro 17 de xuño, Día Das Diversidades Sexuais. A Deputación da Coruña proponnos unha xornada de actividades e conversas enfocadas precisamente na diversidade sexual no campo da música tradicional.
A xornada Correr e cantar forma parte dun programa máis amplo do cal falamos cun dos implicados, Sergio Marey, que ademais presenta un estudo sobre o tema realizado na comarca de Bergantiños.