Cargando resultados...
Series de moda e personaxes do terror clásico, os disfraces máis demandados no Samaín
Series de moda e personaxes do terror clásico, os disfraces máis demandados no Samaín
Nas tendas atopamos xa unha ampla variedade de propostas para todos os petos
Disfraces clásicos e tamén das series de moda centran as demandas en 'Halloween'
G24.gal
10/10/2023 20:02
Última actualización 10/10/2023 20:19
A tres semanas do Halloween, nas tendas atopamos xa unha ampla variedade de propostas para disfrazarnos. Hai disfraces para todos os gustos e tamén para todos os petos.
Nesta festa non poden faltar tampouco os disfraces para os máis cativos. Ademais, os amantes do Halloween buscan parecerse o máximo posible ao personaxe que imitan e por iso gañan cada vez maior protagonismo as maquillaxes ou tamén os complementos de todo tipo.