Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez di que Bildu errou nas súas listas e esixe máis rotundidade ao pedir perdón

Sánchez di que Bildu errou nas súas listas e esixe máis rotundidade ao pedir perdón

A voceira de EH Bildu di que o compromiso da súa formación coa convivencia é "clarisimo"

Cuca Gamarra pídelle a Sánchez que renuncie aos pactos cos abertzales

A Fiscalía non ve ilegal a inclusión de condenados por terrorismo nas listas de Bildu

G24.gal 17/05/2023 08:05 Última actualización 17/05/2023 10:31

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, cre que Bildu se equivocou ao incluír nas súas listas para as próximas eleccións municipais a etarras condenados por delitos de sangue, e durante a sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados, esixiulle á formación abertzale unha mensaxe máis rotunda de perdón e de homenaxe ás vítimas da ETA.

Foi cando lle tocou a quenda para responder unha cuestión da voceira de EH Bildu na Cámara Baixa, Mertxe Aizpurua, que ía preguntar sobre o escudo social. Sánchez aproveitou a cuestión para dicirlle "vostedes equivocáronse na elaboración das listas para o próximo 28 de maio. Pode ser legal o que fixeron, pero desde logo non é decente".

Sánchez recalcou que o que se ten que pedir a eses candidatos é "unha mensaxe moito máis rotunda e contundente de reparación, de perdón, de reconciliación e de homenaxe ás vítimas que sufriron tanto dor durante moitísimos anos de actividade da banda terrorista".

A voceira de EH Bildu fala dun compromiso "clarísimo" coa paz

Aizpurua desde o escano non fixo mención a estas palabras, xa que consumira todo o seu tempo cando Sánchez fixo esa intervención. Non obstante, antes, nos corredores do Congreso aseguraba que o compromiso de EH Bildu é "clarísimo" coa paz e a convivencia.

Sobre a decisión dos etarras candidatos nesas listas electorais de renunciar á tomar posesión en caso de saír elixidos, a voceira de EH Bildu dixo que demostraron que "non queren engadir máis dor nin máis dano ás vítimas", e insistiu no compromiso do seu partido e todos os seus candidatos respecto á violencia e ás vítimas do terrorismo

"O noso compromiso é claro, é nítido", insistiu Aizpurua, que espera que a decisión dos seus candidatos se entenda "como un paso máis no a construción dese futuro".

Na súa opinión, a polémica polas candidaturas está a aproveitarse para facer unha campaña electoral que "non vai a ningún sitio", e sinalou á dereita, mentres eles están "a outras cousas".

O PP pide que Sánchez renuncie as pactos con Bildu

Nesa mesma sesión de control a voceira dos Partido Popular, Cuca Gamarra, preguntou a Sánchez sobre cando vai dicir a verdade aos españois, no que foi unha continuación do cara a cara deste martes no Senado entre o presidente do Goberno e o líder dos populares, Alberto Núñez Feijóo.

Gamarra advertiulle a Sánchez de que ser "cruel co PP e compracente con Bildu" marcará "a súa historia para sempre", e pediulle romper co partido abertzale.

O PP acusou a Sánchez de branquear ao partido abertzale e pediulle aclarar se volverá pactar coa formación no Congreso, o País Vasco ou Navarra, para que o saiban os seus "baróns", críticos con esta suma.

"Señor Sánchez e señora Aizpurua, vostedes dilapidaron os valores democráticos. De Bildu podiámonolo esperar todo, de vostede, un presidente do Goberno e un secretario xeral do PSOE, non", resolveu Gamarra.

Sánchez reta ao PP a manter que Zapatero traizoou ás vítimas

Sánchez, pola súa parte, retou ao PP para soster, como facía Mariano Rajoy en 2005, que José Luis Rodríguez Zapatero traizoou ás vítimas de ETA, ou que Alfredo Pérez Rubalcaba era cómplice da ETA. Ante isto, a bancada popular mantiña silencio, mentres os deputados de Vox coreaban que si.

O xefe do Executivo acusou ao PP de "cinismo" porque en 2015 xa había "condenados que cumpriran as súas penas" nas listas e o PP non dixo "nada" nin "puxo o grito no ceo".

Sostivo o presidente do Goberno que os populares sempre volven ao "argumento de ETA" cando "se achegan unhas eleccións e danas por perdidas" e son "capaces de dicir cousas deleznables que non son capaces de volver repetir".

Sánchez afirmou, como fixera este martes no Senado, que "ETA xa non existe" e que o PP non é capaz de "dixerir" que foi derrotada con gobernos do PSOE en Euskadi e en España ou ao lembrar ao PP a súa negociación coa banda ou as excarceracións e achegamentos de presos cando os terroristas seguían en activo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade