Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete formacións presentan listas ao Congreso e ao Senado nas catro provincias

Sete formacións presentan listas ao Congreso e ao Senado nas catro provincias

O Boletín Oficial do Estado publica a proclamación das candidaturas presentadas para as Eleccións Xerais do 23 de xullo

Haberá en total 38 listas ao Congreso, oito menos que nos anteriores comicios

G24.gal 27/06/2023 11:53

As catro circunscricións galegas contarán finalmente con 38 listas de 11 opcións políticas para elixir deputados ao Congreso nas Eleccións Xerais do próximo 23 de xullo, ao non ser proclamadas un total de catro (tres na provincia da Coruña e unha na provincia de Pontevedra). Na cita electoral de hai catro anos rexistráronse 46.

En canto ao Senado, as xuntas electorais provinciais deron luz verde a todas menos a tres, que non quedaron validadas, segundo os datos recompilados por Europa Press do Boletín Oficial do Estado (BOE). Desta maneira, quedaron proclamadas 34 listas das 37 presentadas inicialmente, fronte ás 44 de 2019.

Haberá sete formacións políticas que se presenten nas catro circunscricións galegas tanto para o Congreso como para o Senado. Trátase de: PP, PSdeG, BNG, Sumar Galicia, Vox, Pacma e Por un mundo + xusto.

A provincia da Coruña queda con oito listas, fronte ás 11 presentadas inicialmente. Non foron proclamadas as candidaturas: Soberanía Ciudadana. El autogobierno ciudadano. Estado del ciudadano; Por un mundo máis Xusto (PUM+J) e a do Partido Comunista dos Traballadores (PCTG). Nestes dous últimos casos tamén decaeron nas súas propostas para o Senado.

A outra circunscrición onde hai cambios é a de Pontevedra, na que novamente o Partido Comunista dos Traballadores (PCTG) perde a súa lista tanto ao Congreso como ao Senado, o que deixa a provincia con nove e oito opcións, respectivamente, o próximo 23 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade