Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete mortos polo paso do ciclón Yaku polo Perú

Sete mortos polo paso do ciclón Yaku polo Perú

As fortes chuvias que arrastra Yaku desbordaron ríos e causaron anegamentos

Temen que o ciclón pase pola cidade de Lima

Hai centos de cidadáns evacuados ao norte do Perú

Morreron sete persoas e hai milleiros de afectados

G24.gal 14/03/2023 07:07

O ciclón Yaku está ao norte do Perú e non descartan que chegue a Lima, onde xa houbo chuvias moderadas. Hai millleiros de peruanos afectados polas fortes precipitacións e centos  de evacuados.

Cando menos morreron sete persoas a causa do ciclón Yaku, que desbordou ríos e causou moitísimos danos materiais por alagamentos, trombas de auga e desprendementos de terras.  O goberno declarou o estado de emerxencia en varias rexións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade