Publicador de contidos
Publicador de contidos

Setenta anos escollendo o mellor acio para a procesión do Apóstolo

Setenta anos escollendo o mellor acio para a procesión do Apóstolo

Antonio Álvarez recupera a tradición despois da parada da pandemia

Con 88 anos, este veciño do barrio da Ponte escolleu as uvas e levou en procesión ao Apóstolo

 

G24.gal 25/07/2022 14:39

Coma cada 25 de xullo, o Santiago da igrexa das Caldas leva na man o mellor acio de uvas temperás da comarca. 

"Canto máis grande mellor, ou de Mencía ou de Treixadura, pero sempre o mellor para Santiago, o que está aí dentro pesa un quilo e e medio", explica Antonio Álvarez, o veciño que iniciou a tradición.

Hai xa 70 anos que Antonio se encarga de escollelo na parra dun veciño de Quenlle. Tan só a mili, un ano de emigración e dous de pandemia lograron parar a tradición, coa que, ademais de boas colleitas, o santo concedeu saúde de ferro ao seu devoto máis fiel.

 "Grazas a Deus nunca tiven nada, ningunha enfermidade, desde que nacín ao día de hoxe, nada" comenta Antonio.

Aos seus 88 anos, Antonio volveu levar en procesión a Santiago coa mesma emoción ca aos 18, e así pensa seguir ata o último alento.

"O día que me falte isto, para min acabouse a vida", conclúe Antonio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar