Unha sentenza pioneira exime unha autónoma viguesa de pagar as cotas durante unha baixa de longa duración
Unha sentenza pioneira exime unha autónoma viguesa de pagar as cotas durante unha baixa de longa duración
Unha sentenza pioneira exime unha autónoma viguesa de pagar as cotas durante unha baixa de longa duración
A Seguridade Social terá que devolverlle a unha muller as cotas que lle reclamou
O auto, que é firme, podería beneficiar milleiros de autónomos na súa mesma situación de novembro de 2019 e maio de 2021
A información saíu á luz cando moitos autónomos comezaron a recibir cartas da Seguridade Social onde se lles esixía o pago das cotas cando estiveron de baixa. Baixas de longa duración no período comprendido entre o 19 de novembro de 2019 e o 31 de maio de 2021.
"Moitos autónomos comezaron a recibir notificacións da Seguridade Social na mutua indicando que non tiñan dereito a que a mutua pagase estas cotas", explica Bernadette Nuijen, delegada de ATA Galicia en Pontevedra.
Eran cotas das que estaban exonerados e que no seu momento aboaron as mutuas, pero un cambio de criterio fixo que repercutiu nos propios traballadores.
"Para ter dereito a esa eliminación das cotas pasado eses sesenta días tiñan que ter cuberto o cesamento de actividade. E Tesourería fixo tabula rasa con todos e agora decatouse que había xente que non tiña cuberta o cesamento de actividade e polo tanto estáselle a reclamar as cotas por ese período", di Gabriel Rodríguez, asesor.
Agora unha sentenza pioneira dun xulgado de Vigo, que xa é firme, obriga esta Administración a devolverlle 2.170 euros a unha traballadora que denunciou o seu caso.
Tamén se condena a forma de proceder da Seguridade Social, sendo a través dunha nota informativa os afectados e sen posibilidade de recurso, facéndose unhas liquidacións destas cantidades que en moitos casos foron cagadas directamente as contas dos propios autónomos.