Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sétima morte deste verán na festa taurina de 'bous al carrer' na Comunitat Valenciana

Sétima morte deste verán na festa taurina de 'bous al carrer' na Comunitat Valenciana

Desde 2005 morreron nesta festa 53 persoas 

G24.gal 25/08/2022 20:35

Unha muller de 73 anos, de orixe francesa, residente en Dènia, morreu no festexo taurino de "bous al carrer", ou "touros na rúa", na vila alacantina de Beniarbeig.

Faleceu no acto ao recibir unha única cornada no peito dunha xovenca que a golpeou contra un valado.

Esta festa na que ceiban as reses bravas polas rúas e touréanas sen lidia, é unha das máis populares do Levante malia o perigo que entraña e o maltrato animal.

A de hoxe é a sétima vítima mortal desta festa no que vai de verán e desde 2014 van 32. Desde 2005, son 53.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar