Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seúl rexistra a nevada máis intensa en 40 anos nun mes de decembro

Seúl rexistra a nevada máis intensa en 40 anos nun mes de decembro

Acumuláronse máis de 10 centímetros de neve, algo que non sucedía dende 1981

G24.gal 31/12/2023 08:57 Última actualización 31/12/2023 09:09

Seúl rexistrou a súa nevada máis intensa para un mes de decembro desde 1981, con máis de 10 centímetros de neve acumulada. O país prepárase para a chegada de novas folerpadas e choiva nas vindeiras horas. 

A Axencia Meteorolóxica surcoreana emitiu este sábado un aviso de fortes nevadas para a capital e zonas das provincias de Gyeonggi e Gangwon, onde a neve alcanzou os 12,2 centímetros de espesor, unha cantidade que non se vía desde hai máis de 40 anos, cando Seúl rexistrou o seu máximo histórico para decembro con máis de 18,3 cm de neve.

As autoridades levantaron a alerta, pero advertiron da chegada de novas nevaradas este domingo, que poderían alcanzar os 5 centímetros na capital, e despregaron a 4.689 persoas e 1.218 equipos para as tarefas de retirada de neve.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade