Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Sica', na Berlinale, e Novos Cinemas, con Ángel Suanzes

'Sica', na Berlinale, e Novos Cinemas, con Ángel Suanzes

O filme Sica, dirixido por Carla Subirana e participado pola TVG, participará na sección Generation da Berlinale 2023.

Múltiples opcións de cine no Novos Cinemas ata o domingo 

G24.gal 15/12/2022 15:57

Sica, dirixida por Carla Subirana, terá a súa estrea na sección Generation da próxima Berlinale, do 16 ao 26 de febreiro de 2023.

É a primeira longametraxe de ficción de Carla Subirana, e conta a busca que leva a cabo unha moza de 14 anos, obsesionada con que o mar devolva o corpo do seu pai tras un naufraxio.

O filme está protagonizado por Thais García Blanco, veciña da Costa da Morte, onde se rodou o filme.

No Novos Cinemas repasamos a programación con filmes coma Danubio, A vida são dois días ou Matadero.

No festival pontevedrés a sección LAB  recolle os proxectos de tres novas cineastas: Sara Traba, Carmen Pedrero e Elisa Celda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade