Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sigue a evolución do temporal na túa comarca

Sigue a evolución do temporal na túa comarca

directo Sinal en directo da cámara web da CRTVG en Baiona
G24.gal 09/10/2024 10:13

Os restos do furacán Kirk deixan este mércores en Galicia un forte temporal de vento e choiva, especialmente nesta primeira metade da xornada, segundo o prognóstico de Meteogalicia.
As choivas están sendo xeneralizadas, intensas e persistentes, unha situación que se prolongará ata o mediodía en toda a comunidade, e pola tarde estas precipitacións iranse facendo máis intermitentes e irán perdendo intensidade.

O vento sopra do suroeste con intensidade moi forte desde a madrugada e co avance da tarde, rolarán a noroeste e irán amainando progresivamente. 

Pódese seguir a evolución do temporal Kirk nas webcams da CRTVG instaladas en numerosas vilas e cidades de Galicia.
 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade