Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescates con drons: o futuro das accións de emerxencias xa é unha realidade

Rescates con drons: o futuro das accións de emerxencias xa é unha realidade

O encoro de Castrelo de Miño acolleu un simulacro no que aparellos non tripulados sacaron da auga un home que afogaba

G24.gal 20/05/2022 13:59

Desenvólvese estes días en Galicia un curso teórico-práctico de piloto de drons en emerxencias e seguridade dirixido a Garda Civís, bombeiros, militares, Mossos d'Escuadra e persoal de Salvamento Marítimo chegados de diferentes puntos de España.

Un curso profesional impartido pola empresa galega Aerocámaras. Este venres os alumnos e alumnas participan nun simulacro de rescate dun home que se atopa en apuros no encoro de Castrelo de Miño.

Sufriu unha indisposición. O obxectivo é actuar canto antes para evitar que afogue. O primeiro é mandar un dron con dúas cámaras, unha térmica, e GPS para localizar á vítima, unha vez teñen as coordenadas mandan outro dron que lle bota un salvavidas.

No momento en que o náufrago xa está máis tranquilo co salvavidas, arrinca o terceiro dron, este acuático, para rescatalo.

Neste caso, o home atópase en bo estado e grazas a esta especie de embarcación con control remoto xa está en terra. É o simulacro do curso de piloto de drons en emerxencias ao que asisten Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Veñen dende diferentes comunidades ao curso desta empresa galega que tamén desenvolve drons. Un curso pioneiro en Galicia e con moita demanda para o verán, cando aumentan este tipo de emerxencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar