Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sismo de magnitude 2,2 con epicentro en Mos que tamén afectou Vigo

Sismo de magnitude 2,2 con epicentro en Mos que tamén afectou Vigo

A maior percepción do tremor deste xoves foi na parroquia viguesa de Bembrive

G24.gal 11/08/2023 13:20

Remataban de comer ou estaban de sobremesa na zona de Cerdeirós en Bembrive, a última parroquia de Vigo xa lindando con Mos cando sentiron un estourido, un golpe ou un movemento estrano. Algúns saíron á estrada ou miraron pola fiestra pero non viron nada especial.

Algúns lembraron o estoupido da pirotecnia de Tui, un accidente ou unha bomba. Malia os seus esforzos tardaron en saber de queé se trataba. Un movemento sísmico de magnitude dous epicentro no lindeiro concello de Mos. Non se produciron danos nin materiais nin persoais e boa parte da poboación nin sequera notou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade