Cargando resultados...
O Instituto Xeográfico Nacional detecta un enxame sísmico no volcán Cumbre Vieja
O Instituto Xeográfico Nacional detecta un enxame sísmico no volcán Cumbre Vieja
Tamén detectou altas concentracións de dióxido de xofre
Os expertos din que son de baixa intensidade e que entran dentro da normalidade
G24.gal
11/08/2022 20:20
O Instituto Xeográfico Nacional detectou nas últimas horas un enxame sísmico na zona do volcán Tajogaite, na montaña Cumbre Vieja da illa da Palma.
Os expertos matizan que se localizaron ata 63 tremores na área da erupción do volcán, aínda que, precisan, son de baixa intensidade e axústanse á normalidade.
Oito meses despois da fin da erupción, os sismólogos tamén informan dunha alta concentración de dióxido de xofre na zona, un sinal de que o volcán segue vivo.