Publicador de contidos
Publicador de contidos

Só unha de cada catro persoas con discapacidade ten traballo en España

Só unha de cada catro persoas con discapacidade ten traballo en España

O programa Talentos da ONCE quere fomentar a contratación de persoas con discapaciadade

Organizarán sete eventos en polígonos galegos 

G24.gal 16/05/2023 13:17

En España, só unha de cada catro persoas con discapacidade ten un traballo. Para darlle a volta a esta estatística, hai iniciativas como a que coñecemos esta mañá: o programa Talentos. Lévao adiante Inserta Empleo, entidade da Fundación ONCE, e busca fomentar a contratación dun colectivo que en Galicia suma 240.000 persoas.

Así é que organizaron eventos, en sete polígonos industriais galegos, que van darlles información sobre a discapacidade directamente ás empresas, pensando de xeito moi especial nas pequenas e medianas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade