Publicador de contidos
Publicador de contidos

Só unha de cada dez vítimas adolescentes de abuso sexual por submisión química presenta denuncia

Só unha de cada dez vítimas adolescentes de abuso sexual por submisión química presenta denuncia

Segundo un estudo das universidades de Vigo e Compostela, case 2.000 adolescentes recoñecen que abusaron deles estando de festa

G24.gal 13/09/2022 15:42

Case o 2 % dos adolescentes recoñecen que sufriron agresións sexuais tras ofrecerlles alcol ou droga, en contextos de ocio nocturno.

Os expertos insisten na importancia que ten denunciar estes episodios.

Pero, a día de hoxe, só unha de cada dez vítimas presenta denuncia.

Moitas das agresións sexuais prodúcense no círculo próximo á vítima e o alcol adoita ser a principal substancia responsable.

Por iso nestes casos xa non se fala de submisión senón de vulnerabilidade química.

"O agresor só espera que a vítima estea nun estado semicomatoso porque normalmente ela mesma inxire a substancia e o agresor, aproveitando que a vítima está moi bebida, moitas veces incita a que siga consumindo outro tipo de substancias e entón queda nun estado de vulnerabilidade", di Manuel Isorna, experto en investigación da submisión química.

Segundo un estudo feito polas universidades de Vigo e Compostela, case dous mil adolescentes recoñecen que se aproveitaron deles en contextos de ocio nocturno.

"Son moitos casos están sucedendo en menores de 16-17 anos, pero tamén hai casos en 12-13 anos, e o máis grave é que só un de cada dez denuncia e só dous de cada dez acoden a un centro médico", asegura Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social.

Por iso os expertos insisten en que o máis importante é denunciar, para que delitos coma estes non queden impunes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade