Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sobe a cinco o número de falecidos polas inundacións en Turquía

Sobe a cinco o número de falecidos polas inundacións en Turquía

Seis persoas foron rescatadas e outras tres seguen desaparecidas

En Bulgaria continúa a procura de varios desaparecidos

G24.gal 06/09/2023 09:12

Polo menos cinco persoas morreron xa en Turquía e outras tres seguen desaparecidas debido ás riadas que afectan a distintas partes do país, especialmente á zona fronteiriza con Bulgaria.

En Kirklareli, no extremo noroeste de Turquía, localizouse un terceiro cadáver, tras os dous atopados onte, dun grupo de doce persoas que quedou atrapado nun hotel e foron arrastrados pola riada.

A riada arrastrou varios bungalós e os seis sobreviventes puideron ser rescatados coa axuda de barcos e de maquinaria pesada, informou a televisión turca NTV.

O val de Sisli está a unha ducia de quilómetros ao sur da fronteira búlgara e a menos de vinte do concello de Tsarevo en Bulgaria, onde tamén faleceron polo menos dúas persoas, ao ser arrastrado o seu coche por unha riada.

Tamén en Bulgaria continúa a procura de varios desaparecidos

Ademais, dúas persoas morreron en Istambul, a uns 220 quilómetros ao norte, debido ás fortes choivas que deixaron miles de casas anegadas.

Varias estacións de metro quedaron asolagadas e un hospital viuse tamén moi afectado.

O gobernador de Istambul Davut Gul indicou que nas últimas horas cae tanta auga como o que adoita chover en dous ou tres meses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade