Publicador de contidos
Publicador de contidos

CIS: sobe a vantaxe do PSOE, cae Unidas Podemos

CIS: sobe a vantaxe do PSOE, cae Unidas Podemos

O CIS fixo a enquisa entre o 1 e o 11 de marzo, en plena crise no Goberno de coalición pola reforma da lei do ´só si é si`

G24.gal 17/03/2023 13:43

O barómetro de marzo do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) aumenta a vantaxe do PSOE sobre o PP ata os 4,7 puntos e castiga duramente a Unidas Podemos, que volve poñerse por detrás de Vox e cae 2,7 puntos nun mes, ata o 10 por cento en estimación de voto.

A enquisa do CIS, elaborada entre o 1 o 11 de marzo, en plena crise no Goberno de coalición pola reforma da lei do só si é si, e a poucos días do debate da moción de censura de Vox, concede ao PSOE un 32,7 por cento, seis décimas máis que en febreiro, e ao PP un 28 por cento, 1,8 puntos menos que na anterior sondaxe.

A poucos días do debate da moción de censura, Vox supera a Unidas Podemos cun 10,1 por cento, unha décima máis, debido ao duro retroceso da formación violeta, que queda no 10 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade