Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sober conta cun belén de figuras feitas por un centenario que as doou ao Concello

Sober conta cun belén de figuras feitas por un centenario que as doou ao Concello

As pezas, de madeira, están inspiradas en veciños do autor 

Recrea escenas propias da Ribeira Sacra, coma un carro con uvas ou unha banda de músicos

 

G24.gal 24/12/2022 20:11 Última actualización 24/12/2022 20:18

É o belén oficial do Concello de Sober. Instalado no centro sociocultural, é unha doazón dun veciño, que é o autor das pezas, e que morreu este verán aos 101 anos.

A montaxe do Belén é rechamante, porque inclúe figuras moi curiosas, coma unha banda de música, un carro con uvas ou uns Reis Magos con boina e sombreiro, porque non hai que esquecer que este belén aparte de orixinal está inspirado na Ribeira Sacra.

Está composto por cen pezas talladas en distintas madeiras. Este ano, a montaxe inclúe coma novidade unha maqueta da Casa Consistorial, doada tamén pola familia do autor das pezas. Un belén orixinal que xa é un símbolo identificativo do Nadal de Sober.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos