Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sober exhibe a súa riqueza arqueolóxica no xacemento de Proendos

Sober exhibe a súa riqueza arqueolóxica no xacemento de Proendos

Queda ao descuberto a base do horreum romano do século I topado hai dous anos

Trátase dunha estrutura única no noroeste peninsular pola disposición dos muros

G24.gal 01/10/2022 14:31 Última actualización 01/10/2022 18:55

A base do horreum de Proendos pódese apreciar con nitidez. Este xacemento romano situado no concello de Sober e descuberto hai dous anos é unha xoia arqueolóxica en pedra, única no noroeste peninsular.

Aínda está en estudo e suponse que é o alicerce dun celeiro de madeira onde se gardaba o cereal. Os sete muros de pedra paralelos que conforman a estrutura edificada xa están completamente á vista. Datan do século I.

Era un celeiro dunha dimensión aproximada de 45 metros cadrados e ao seu carón tamén se descubriron restos doutras construcións que aínda está por ver se están relacionadas co horreum ou se son dunha data posterior.

Dende o Concello de Sober hai un enorme interese en seguir escavando e recuperar para o público e para a investigación o xacemento arqueolóxico de Proendos.

conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, considera que estes achados poderían ser a semente de futuras escavacións de maiores dimensións.

Román Rodríguez visitou o xacemento de Proendos este sábado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade