Cargando resultados...
Sober ofrece vivendas para asentar poboación nova
Sober ofrece vivendas para asentar poboación nova
O Concello xa adquiriu varios inmobles que rehabilitou para ofrecer a familias con cativos
En doce anos o colexio case duplicou o número de alumnos matriculados
G24.gal
26/11/2022 21:15
Última actualización 26/11/2022 21:31
Co ánimo de atraer poboación, o Concello de Sober adquiriu varios inmobles, coa axuda do Instituto Galego da Vivenda e Solo para acondicionalos e ofrecelos á xente nova. Xa dispón de sete casas, situadas no núcleo urbano e en parroquias próximas.
Deste xeito queren animar o asentamento de familias co aliciente de que traballo e casas non faltan. Vantaxes de vivir nunha poboación de 2.300 habitantes.
Polo de pronto, o colexio case duplicou o número de cativos nos últimos doce anos.