Cargando resultados...
Sobresén a causa por posibles irregularidades nas eleccións en Castro Caldelas
Sobresén a causa por posibles irregularidades nas eleccións en Castro Caldelas
Arquívase provisionalmente ao non apreciárense indicios suficientes de delito electoral no voto por correo de varios anciáns dunha residencia
G24.gal
01/02/2024 21:02
Sobresén a causa aberta polas posibles irregularidades nas eleccións municipais do ano pasado no concello de Castro Caldelas.
O xulgado encargado, o da Pobra de Trives, acordou o arquivo provisional ao non apreciar indicios suficientes de delito electoral no voto por correo de varios anciáns dunha residencia de Casto Caldelas.
Esta denuncia e outras acabaron por motivar que a Xunta Electoral Central decidise que en novembro se repetisen as eleccións municipais neste concello.