Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os socialistas aragoneses rexeitan o acordo fiscal pactado polo PSOE e ERC

Os socialistas aragoneses rexeitan o acordo fiscal pactado polo PSOE e ERC

Nun acordo unánime, a executiva do PSOE aragonés reclama un sistema de financiamento autonómico sen privilexios para ningún territorio

O Goberno ofrecerá os detalles do acordo de financiamento singular para Cataluña acordado con Esquerra republicana o próximo xoves

G24.gal 30/08/2024 10:29

O Goberno ofrecerá os detalles do acordo de financiamento singular para Cataluña acordado con Esquerra republicana o próximo xoves. A ministra de Facenda comparecerá no Senado a petición do Partido Popular para responder as preguntas dos grupos. Os socios de Sumar avanzan as liñas básicas do modelo.

 "Un novo modelo significa facer unha revolución fiscal e atallar as prácticas de "dumping" que se fan noutras comunidades. O goberno está preparado para afrontar este debate", explica Ernest Urtasun.

Pero este compromiso de reforma a cambio do apoio a Salvador Illa como presidente da Generalitat provoca o rexeitamento de varias comunidades.

É o caso de Aragón que acaba de sumarse á posición de Castela- A Mancha, Estremadura ou Asturias.  A executiva do PSOE aragonés expresou o seu rexeitamento unánime ao acordo fiscal pactado polo Partido Socialista e Esquerra Republicana de Cataluña, e reclamou un sistema de financiamento autonómico sen privilexios para ningún territorio.

A decisión, que reflicte a posición manifestada anteriormente a nivel persoal polo secretario xeral do PSOE en Aragón, Javier Lambán, foi adoptada a noite deste xoves tras un longo debate en que se analizou a estratexia política para o novo curso político.

O secretario de Organización do PSOE en Aragón, Darío Villagrasa, manifestou ao termo do encontro que o seu partido defendeu desde décadas atrás un sistema no quede reflectido o "custo real" dos servizos públicos prestados no territorio e, subliñou, "sen privilexios de ningún tipo". 

O Goberno promete diálogo. "O goberno vai seguir buscando acordos, dialogando con todos", asegura Félix Bolaños, Ministro de Presidencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade