Publicador de contidos
Publicador de contidos

Socios e oposición apertan o Goberno para que aprobe as medidas do decreto ómnibus

Socios e oposición apertan o Goberno para que aprobe as medidas do decreto ómnibus

PP e Junts reclaman decretos individuais para a suba das pensións, os descontos do transporte e as axudas pola DINA

A líder de Sumar insta o PSOE a convalidar o mesmo decreto no Consello de Ministros deste martes

G24.gal 27/01/2025 15:14

O Goberno insiste en manter o decreto ómnibus tal e como se votou a semana pasada no Congreso xa que se trata, segundo Carlos Cuerpo, ministro de Economía, "dun paquete coherente e consistente".

Tanto PSOE como Sumar avogan por revalidar o decreto "tal e como está". Iso si, Yolanda Díaz pídelles aos socialistas aprobalo "canto antes, se pode ser, mañá mesmo" no Consello de Ministros.

Algúns socios, como Podemos, tamén lle piden premura ao Goberno. "O PSOE non pode tomar como reféns as persoas máis vulnerables", dixo en conferencia de prensa o seu voceiro Pablo Fernández.

Tamén Junts e o PP, que votaron en contra do decreto a semana pasada, esíxenlle ao Goberno que mova ficha, que presente decretos individuais para a suba das pensións, os descontos para o transporte e as axudas pola dina.

"A pelota está no tellado do Goberno do PSOE, mañá hai Consello de Ministros", insistía hoxe o vicepresidente e voceiro de Junts Josep Rius. Pero, polo momento, non se sabe nada desa orde do día nin de como van as negociacións cos de Carles Puigdemont.

Para o líder do PP, "o que busca Pedro Sánchez en Suíza é que lle sigan pagando o soldo de presidente do Goberno" e non "votos debaixo das pedras", como dixo esta fin de semana nun acto de partido. Alberto Núñez Feijóo insistiu en que "eses votos están no Congreso dos Deputados" se as medidas se presentan por separado.

Na outra cámara, no Senado, votarase este martes unha moción do PP para instar o Goberno a que aprobe parte das medidas que decaeron a semana pasada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade