Sofía e Mateo son os máis populares para os bebés por terceiro ano consecutivo
Sofía e Mateo son os máis populares para os bebés por terceiro ano consecutivo
Sofía e Mateo foron os nomes máis populares entre os nados en 2019, 2020 e en 2021, segundo publica a o Instituto Galego de Estatística
Os nomes máis populares para muller seguen sendo os de 2020: Sofía, Noa, Martina, Lara e Valeria
Para os varóns en 2021 son: Mateo, Martín, Hugo, Leo e Lucas
En 2020, para varón foron: Mateo, Martín, Lucas, Hugo e Leo
Sofía e Mateo repiten como nomes máis frecuentes entre os nados en Galicia no ano 2021, segundo a estatística de nomes dos neonatos galegos publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Estes dous nomes repiten por terceiro ano consecutivo como os máis pulares para poñerlle aos bebés.
Os nomes preferidos polos pais para poñerlle as nenas son, por esta orde, Sofía, Noa, Martina, Lara e Valeria. Nestes cinco primeiros postos mantéñense os mesmos nomes de 2020.
Os homes tamén repiten os cinco nomes do ano anterior, pero tan só os dous primeiros Mateo e Martín, ocupan o mesmo lugar. Así, en 2021 Hugo, Leo e Lucas son o terceiro, cuarto e quinto nome máis frecuente entre os nenos nados en Galicia; mentres que en 2020 a orde era Lucas, Hugo e Leo.
Tamén hai nomes que desaparecen en 2021 da listaxe dos vinte primeiros postos. Entre os nomes dos nenos que desaparecen Iago, Anxo, Mario e Adrián, que dan paso a Roi, Bruno, Luca e Alejandro.
Entre as nenas, aparecen na lista dos vinte máis frecuentes Emma e Lola; mentres que saen Alma e Uxía.