Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sofía Otero: con nove anos, Oso de Prata á mellor interpretación na Berlinale por '20.000 especies de abellas'

Sofía Otero: con nove anos, Oso de Prata á mellor interpretación na Berlinale por '20.000 especies de abellas'

O documentalista francés Nicolás Philibert, grazas ao seu retrato dun centro de atención a pacientes con enfermidades mentais en Sur l'adamant leva o Oso de Ouro

A nena Sofía Otero, emocionada co Oso de Prata á mellor interpretación protagonista na Berlinalee A nena Sofía Otero, emocionada co Oso de Prata á mellor interpretación protagonista na Berlinalee
G24.gal 25/02/2023 22:37

Sofía Otero, a nena que dá vida a Aitor/Cocó/Lucía alzouse co Oso de Prata a Mellor interpretación protagonista na 73 edición da Berlinale por '20.000 especies de abellas', ópera prima da directora arabesa Estíbaliz Urresola.

Oteo que se emocionou no escenario de Berlín co Oso na man, agradeceulles a todos os membros da súa familia e ao equipo da película o galardón que recibiu. Otero encarna unha nena trans de oito anos que se traslada canda á súa familia de Bayona, en Francia, a unha vila do País Vasco español para visitar a súa familia materna. Alí non encaixa nas expectativas do resto de familia e adultos e non entende o por qué. Todos insisten en chamarlle Aitor pero non se recoñece nese nome nin na mirada dos demais.

Trátase do debut de Otero, que recolleu o premio entre bágoas na gala dos premios oficiais do xurado internacional, presidido pola actriz Kristen Stewart e no que se atopa tamén a española Carla Simón.

A directora da cinta explicou que a historia de "20.000 especies de abellas" xurdiu a partir dun suceso que conmocionou a sociedade, especialmente o País Vasco, posto que un neno trans suicidouse en 2018.

"Non quixen contar a súa historia pero si me aferrei a unha carta que deixou escrita, onde evocaba con moita esperanza que esa decisión súa nos levara a un horizonte onde os que viñeran detrás del tiveran menos disputas das que el tivo", relatou Urresola, que competiu con esta cinta na Sección Oficial do festival.

O Oso de Ouro da competición foi para o documental 'Sur l'adamant', do francés Nicolas Philibert, que retrata a atención a pacientes con enfermidades mentais nun centro de París, mentres o Oso de Prata recaeu en 'Afire', do alemán Christian Petzold, quen dedicou o seu premio ao cineasta Carlos Saura.

A Berlinale deulle o Oro ao cine "social" e premiou a diversidade sexual con Sofía.

Pedro Sánchez felicitou a Sofía Otero polo Oso de Prata na Berlinale nun chío "Talento e moito futuro no cinema español".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar