Publicador de contidos
Publicador de contidos

Solidaridade ante as inundacións de Noiteboa en Gondomar

Solidaridade ante as inundacións de Noiteboa en Gondomar

Veciños e amigos axudaron as familias que vían ameazadas as súas pertenzas pola auga caída en Noiteboa

G24.gal 27/12/2022 14:32

O río Miñor saíu do seu leito en Gondomar na Noiteboa e anegou varias rúas e baixos de edificios e vivendas. A auga ameazaba con entrar no soto dunha moblería e estragar toda a mercancía.

David Pazos, o fillo dos donos, foi ver como ía o río e apunta: "Démonos de conta de que tiñamos que suspender a cea empezar a subir os mobles e salvalos".

Os donos e os seus dous fillos quixeron subir os mobles ao primeiro andar para salvalos da auga. Unha tarefa complicada.

"Eramos catro e para subir estes mobles era insuficiente. Os fillos pediron axuda aos amigos por WhatsApp", explica José Benito Pazos.

"Foi o que nos salvou, porque en 15 minutos xuntáronse 15 ou 20 persoas con moitas ganas de axudar", destaca o seu fillo David.

Esa mostra de solidariedade permitiulles sacar todos os mobles do soto, pero sobre todo conmoveunos. Para Begoña Quintas, copropietaria da moblería, "houbo moita emoción, pensamos que bonito que nos están axudando".

Unha solidaridade que os fixo reflexionar: "Eu pregunteime se sería capaz de facelo eu, de deixar a mesa e os meus invitados e familiares e irlle botar unha man a outra persoa", sinala José Benito.

Finalmente a auga non chegou a entrar no local. Din que unha vez que pasou o susto só lles queda agradecemento e a ledicia de verse rodeados de boas persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade