Son 35 veciños e este venres toca a París de Noia
Son 35 veciños e este venres toca a París de Noia
Mandrás demostra que si se poden facer unhas festas por todo o grande
Toca París de Noia o día grande das festas patronais de San Pedro
Quedan pouco máis de 24 horas para que Mandrás salte e vibre coa París de Noia, unha das orquestras máis cotizadas do verbeneo galego durante o verán. Este venres tocan en Mandrás.
E iso é Mandrás, unha pequena e tranquila parroquia de Cea onde no viven máis de 35 veciños. Estes días son de moito traballo. A vida cotiá continúa para uns, mentres os máis novos tiran do lombo para que todo estea perfecto.
"Somos 3, 4 limpando as fincas e preparando todo", comenta Jose Luis Fernández, membro da comisión.
"Non hai unha cuota fixa, pero todo o mundo che responde e che axuda", explica Lorena González, membro da comisión de festas.
O problema é que coas cotas non alcanzan para recadar os 30 mil euros que van gastar nos tres días de festa. Como o conseguen?
"Pois co que nos ensinaron os nosos pais e os nosos avós, traballando e aforrando", indica Raúl Pinal, membro da comisión de festas.
Non é a primeira vez que unha das grandes toca en Mandrás e, como xa demostraron que poden, agora aspiran a máis.
"Camela ou Sabina ou Loquillo ou algún deses, non se desarta que poidamos chegar a traelos", continúa Raúl.
Polo de agora o que desexan é que todo o mundo desfrute coa París de Noia, porque eles ese día seguirán traballando.
"Si, é a satisfacción xuntar o pobo e dicir: conseguímolo, trouxémola, e está pagada e fóra, xa está", apunta Lorena