Sonia García "A idea é que a de Betanzos sexa a primeira carreira de moitas"
Sonia García "A idea é que a de Betanzos sexa a primeira carreira de moitas"
A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple celebra unha proba solidaria en Betanzos o 25 de setembro
As rúas da vila coruñesa de Betanzos servirá como lugar de celebración dunha carreira de carácter solidario que organiza a Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple. O nome desta iniciativa é de MóvomeEmBetanzos e celebrarase o 25 de setembro ás 10 da mañá na Praza García Irmáns. Ademais contará con actividades de animación (Zumba, música, inchables). Pasou polo #GaliciaEnXogo Sonia Garcia Eiras, presidenta da ACEM.
"A idea é que esta sexa a primeira carreira de moitas, e que as vindeiras se celebren no mes de maio, co gallo do Día Mundial da Esclerose Múltiple o 30 de maio. Vai ser un día divertido, agardemos que nos acompañe o tempo. Tivemos o apoio do Concello e todas as facilidades".