Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar non chegará ata o "último minuto" para pechar un acordo con Podemos

Sumar non chegará ata o "último minuto" para pechar un acordo con Podemos

Podemos urxe pechar o pacto canto antes porque xa "imos moi tarde"

Más Madrid acusa a Pablo Iglesias de "mentir"e negan vetos a líderes de Podemos

Quedan 72 horas para que Podemos e Sumar poidan pechar unha coalición electoral
G24.gal 07/06/2023 14:35

Tras as acusacións de Pablo Iglesias de vetos, as negociacións entre Podemos e Sumar enrédanse. Compromís, os Comúns e Más Madrid negan calquera veto. A líder dos de Errejón en Madrid, Mónica García, acusa a Iglesias de "mentir" e nega que estean vetando a presenza de líderes de Podemos nas listas. 

Pero o número dous de Más Madrid no concello da capital non ten dúbidas: Belarra e Montero deben quedar fóra. Os Comúns recoñecen agora que non teñen a certeza de que Podemos e Esquerra estivesen negociando unha lista conxunta tal e como denunciaran.

O atasco con Podemos non significa que as conversas non avancen noutras frontes. Sumar, de feito, segue sumando. Os últimos en unirse ao proxecto de Yolanda Díaz é DRAGO, o partido canario do exnúmero tres dos morados, Alberto Rodríguez. E esta tarde fará o mesmo Más Madrid, a marca de Errejón na comunidade.

Mentres, Yolanda avanza sen agardar por ninguén. Quere comezar xa a colocar as súas mensaxes políticas.  E foi a Doñana co novo voceiro de campaña, Ernest Urtasun. Díaz acusa o PP de perpetrar un "crime ecolóxico".  

Urtasun recoñece a que as negociacións con Podemos e outras forzas son "un quebracabezas complexo", pero é optimista e sostén que "non chegaremos ao último minuto para dar boas noticias". Pablo Echenique respóndelle que xa "van demasiado tarde".

O voceiro de Podemos no Congreso di que "xa deberiamos estar facendo campaña". Quedan 72 horas e a soidade de Podemos é cada vez máis evidente. Non é imposible o acordo, pero o río baixa moi revolto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade