Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar confirma os candidatos ás xerais por Ourense e Lugo

Sumar confirma os candidatos ás xerais por Ourense e Lugo

En Lugo, encabezará a candidatura José Antonio Rodríguez Añón, profesor de Física Aplicada na USC

O secretario xeral da formación morada en Ourense, Víctor Ferreiro, encabezará a lista por Sumar ao Congreso

Engádense dúas cabezas de lista ás xa confirmadas, Verónica Martínez Barbeiro e Marta Lois, por Pontevedra e A Coruña

Os cabezas de lista por Ourense, Víctor Ferreiro, e Lugo, José Antonio Rodríguez Añón. Os cabezas de lista por Ourense, Víctor Ferreiro, e Lugo, José Antonio Rodríguez Añón.
G24.gal 19/06/2023 16:29

Aos nomes xa coñecidos para abrir as candidaturas polas provincias da Coruña e Pontevedra súmanse Alfonso Víctor Ferreiro Outomuro, responsable de Podemos en Ourense, que lidera a lista de Sumar nesa provincia, e José Antonio Rodríguez Añón, profesor de Física Aplicada, que encabezará a lista por Lugo.

Rodríguez Añón é docente na Universidade de Santiago de Compostela, onde imparte materias vinculadas ao sector enerxético e á crise climática. Víctor Ferreiro é o o secretario xeral de Podemos en Ourense desde o nacemento da formación. Nacido en Barcelona aínda que ligado á Cidade das Burgas desde hai décadas, foi candidato de Galicia En Común-Unidas Podemos ao Senado no ano 2019.

No que se refire ás eleccións municipais do pasado 28 de maio, o ourensán era o candidato previsto por Podemos para os comicios ata que se conformou a coalición Agora Ourense con outras forzas e cedeu o posto.

Segundos nas listas da Coruña e Pontevedra

Mentres, o economista exparlamentario de En Marea e asesor do Ministerio de Traballo, Manuel Lago, será o número dous da lista ao Congreso pola Coruña, posto que en Pontevedra ocupa a responsable de Política e Comunicación de Podemos Galicia, Verónica Hermida.

Sumar ultima tamén ás candidaturas ao Senado

Yolanda Díaz suma a escritora Marilar Aleixandre, membro desde 2017 da Real Academia Galega e ligada aos proxectos da denominada esquerda rupturista galega desde os seus inicios, para as lista pola Coruña á Cámara alta

Tamén o que fora responsable de Comisións Obreiras en Galicia, José María Sánchez Aguión. Do sector sindical procede tamén o primeiro nome da lista ao Senado por Pontevedra. Trátase de Roberto Ucha, ligado a Comisións Obreiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade