Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar e Podemos rompen a negociación e irán por separado ás eleccións vascas

Sumar e Podemos rompen a negociación e irán por separado ás eleccións vascas

O líder de Sumar en Euskadi, Lander Martínez, deu por pechadas as conversas, e dixo que Podemos "optou por tomar outro camiño"

A candidata de Podemos a lehendakari, Miren Gorrotxategi, cre que é "unha mágoa que Sumar dese por concluída a posibilidade de chegar a un acordo"

A aspirante a lehendakaritza de Podemos Euskadi, Miren Gorrotxategi, no centro (EFE) A aspirante a lehendakaritza de Podemos Euskadi, Miren Gorrotxategi, no centro (EFE)
G24.gal 21/02/2024 13:52

Sumar Mugimendua e Podemos Euskadi romperon as negociacións sobre unha posible coalición por "falta de confianza", e presentaranse por separado ás próximas eleccións vascas.

O líder de Sumar Mugimendua, Lander Martínez, deu por pechadas as conversacións tras a última reunión negociadora celebrada este martes, e dixo que Podemos "optou por tomar outro camiño", polo que "se pechou a opción" de formar unha coalición en Euskadi.

Martínez, deputado de Sumar no Congreso e estreito colaborador de Yolanda Díaz, lembrou que Podemos xa elixiu "outro camiño" cando rompeu con Sumar no Congreso e ao decidir non presentarse xunto a Sumar nas pasadas eleccións galegas, onde ningunha das dúas formacións conseguiu representación.

Pola súa banda, a candidata de Podemos a lehendakari, Miren Gorrotxategi, considerou "unha mágoa que Sumar dese por concluída" a posibilidade de chegar a un acordo de coalición.

Asegurou que Podemos fixo "todo o posible e o imposible para que ese acordo de unidade fose un feito", e lembrou que onte reiterou publicamente que estaba disposta a "dar un paso a un lado se era necesario".

"Lamentablemente hai unha parte deste espazo que non escoita a maioría de esquerda da cidadanía de Euskadi", sinalou a candidata de Podemos, quen asegurou que a formación violeta seguirá "representando este espazo" como o fixo ata o de agora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade