Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar presenta enmendas á lei do poder xudicial como protesta ao pacto do PSOE co PP

Sumar presenta enmendas á lei do poder xudicial como protesta ao pacto do PSOE co PP

Argumenta: "Non validamos a forma de actuar de limitar o debate parlamentario ao redor de dous partidos, non é unha boa práctica"

A deputada de Sumar Aina Vidal no Congreso, este martes (EFE/ Fernando Alvarado) A deputada de Sumar Aina Vidal no Congreso, este martes (EFE/ Fernando Alvarado)
G24.gal 09/07/2024 12:47

Sumar rexistrará emendas parciais á proposición de lei sobre a reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), despois de absterse na súa toma en consideración, como forma de protesta polo pacto alcanzando entre PSOE e PP sen ter en conta o resto de grupos parlamentarios.

A portavoz adxunta de Sumar e deputada dos Comúns Aina Vidal informou nunha converencia de prensa no Congreso da presentación de emendas parciais este martes, cando finaliza o prazo para rexistralas, e a pesar de que o PSOE e o PP acordaron que non aceptarían cambios nesta lei.

"Non validamos a forma de actuar de limitar o debate parlamentario ao redor de dous partidos, non é unha boa práctica", sinalou Vidal, que incidiu en que unha proposición de lei sobre a reforma do CXPX pactada só por PSOE e PP "non responde á realidade do noso país nin da maioría que sostén o Goberno".

A deputada non concretou o contido das emendas parciais e fontes do grupo parlamentario de Sumar limitáronse a dicir que van propoñer cambios como un xesto "simbólico e democrático" para expresar a súa "desconformidade absoluta" coa forma de negociar do PSOE, despois de absterse na toma en consideración.

Este martes finaliza o prazo para rexistrar emendas parciais á proposición de lei sobre a reforma do CXPX, e tamén emendas á totalidade, que foron anunciadas por Vox e Podemos.

Este xoves 11 de xullo terá lugar o segundo pleno extraordinario do Congreso en xullo para debater concretamente as emendas á totalidade.

A seguir, a norma pasará á comisión que elaborará o relatorio para ser aprobada no pleno do Congreso o 23 de xullo e definitivamente polo Senado o 31 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade