Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar promete "medidas efectivas" para recuperar o sector marisqueiro

Sumar promete "medidas efectivas" para recuperar o sector marisqueiro

Marta Lois pídelle á Xunta que escoite o sector tras atravesar, dixo, unha das "perores crises económicas da súa historia"

G24.gal 14/01/2024 18:01 Última actualización 14/01/2024 18:32

A candidata de Sumar á presidencia da Xunta, Marta Lois, prognosticou este domingo que o próximo goberno progresista que, ao seu xuízo, sairá das eleccións autonómicas galegas o 18 de febreiro, adoptará "medidas efectivas" para recuperar o sector marisqueiro en Galicia.

Nunha reunión con organizacións marisqueiras en Outes, lamentou a situación que atravesa o sector, que en 2023 sufriu unha das "peores crises económicas" da súa historia, dixo, e non tivo axuda da Xunta malia só poder mariscar pouco máis dunha decena de días.

Considerou urxente activar axudas para paliar a situación da xente do mar que estivo acurralada por unha "brutal" mortaldade de bivalvos, dixo.

Política útil e plan de mellora

Lois avogou por unha "política útil" que, ademais de axudas, aplique un plan de mellora dos bancos mariños das rías galegas porque se trata de problemas "moi serios", salientou.

Preconizou "axilizar axudas e prestacións" para o sector e un "plan de choque de emprego local" porque hai comarcas, como a do Barbanza, gravemente afectadas, agregou.

Sumar pídelle á Xunta que escoite o sector e "elabore man a man" coas confrarías un "plan de recuperación" para o ámbito marisqueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade