Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sumar propón subir o IVE aos pisos turísticos

Sumar propón subir o IVE aos pisos turísticos

Apostan por aplicarlles o 21 %, máis ca aos hoteis

G24.gal 10/07/2024 14:48

Para Sumar, as medidas do Ministerio de Vivenda para regular os pisos turísticos son insuficientes. Pídenlle ao PSOE medidas máis eficaces e xa presentaron unha proposición non de lei para cargar con máis impostos os pisos turísticos.

Queren aumentarlles o IVE e que en zonas de tensión non poidan deducir algúns gastos. A ministra de Facenda matizou que hai distintas medidas posibles e hai que estudalas e advirte de que ese imposto tense que consensuar en Europa.

Mentres, a ministra de Vivenda intensifica contactos con plataformas de alugueiros para regular o sector.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade