Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Rodríguez Gacio abandona a Copa de Europa de Paratríatlon por unha caída

Susana Rodríguez Gacio abandona a Copa de Europa de Paratríatlon por unha caída

A viguesa e a súa guía caeron no segmento da bici cando circulaban a 60 quilómetros por hora

Foron trasladadas a un hospital, onde se descartaron lesións graves

G24.gal 01/06/2024 17:03

Malas noticias as que chegan da proba da Copa de Europa de Paratríatlon, que se disputou na praia de Samil, en Vigo.

Susana Rodríguez Gacio tomaba parte preparando os Xogos de París. Pero non puido rematar o percorrido. Sufriu un accidente xunto á súa guía no sector da bicicleta e tiveron que ser levadas a un hospital, onde se descartaron lesións importantes. Pero as deportistas teñen queimaduras pola alta velocidade á que caeron. A causa da caída foi a perda de presión nunha das rodas do seu tándem.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar