Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susana Rodríguez Gacio domina o campionato de Europa de paratríatlon

Susana Rodríguez Gacio domina o campionato de Europa de paratríatlon

A campioa olímpica dominou de principio a fin a proba e sacoulle máis de catro minutos á segunda clasificada

G24.gal 04/06/2023 10:45

Susana Rodríguez Gacio segue engadindo éxitos ao seu dilatado palmarés. Desta volta celebrou o campionato de Europa que se disputou en Madrid na categoría de PTVI. A viguesa era a gran favorita e fixo bos os prognósticos. 

Da man da súa guía, Sara Loehr, dominou desde o comezo e xa saíu primeira no sector da natación, con dez segundos de vantaxe sobre Francesca Tarantello. A galega marcou os mellores tempos en todas as especialidades e só quedou emoción por ver quen ocupaba a segunda praza coa italiana Tarantello e a francesa Curzillat loitando pola prata. 

Ao final Gacio marcou un tempo de 1:02:49, e superou en case catro minutos a Curzillat que aguantou o acoso da italiana na carreira a pé. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar