Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suspéndense os cursos de recuperación de puntos do carné

Suspéndense os cursos de recuperación de puntos do carné

A UTE concesionaria Permiso por puntos cifra en 6000 os conductores afectados

A entidade di que un erro na nova normativa lle impide impartir a formación

G24.gal 18/07/2023 14:45

Suspéndense os cursos para recuperar os puntos do carné. A entidade que ata o momento tiña a concesión di que, polo de agora, non pode dispensalos.  Alegan que a nova normativa non lles dá un período de transición para adaptarse ao novo modelo liberalizado.

"Antes había unha concesión pechada a prezo fixo e agora vaise liberalizar o sector cun prezo aberto. Calquera autoescola que cumpra os requisitos vai poder dar os cursos de recuperación de puntos", explica Cristina Sinde, propietaria da autoescola SC20 de Santiago.

A DXT estima que a suspensión afecta a 950 condutores xa apuntados nos cursos, pero na concesionaria falan de 6.000 afectados.

"Os que daban os cursos teñen agora que devolver os cartos dos que xa os aboaran, e despois tamén afecta moito aos condutores do transporte, que dependen do carné para traballar e non van poder recuperar os puntos polo momento", considera Cristina Sinde.

O cambio na norma faise, segundo Tráfico, por unha sentenza do Supremo que obriga a liberalizalos. Mentres, a concesionaria cuestiona o novo modelo e alega que non se pode implantar da noite á mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade