Publicador de contidos
Publicador de contidos

Susto en Gondomar ao incendiarse un autobús escolar con 15 nenos dentro

Susto en Gondomar ao incendiarse un autobús escolar con 15 nenos dentro

Só un pequeno de 4 anos tivo que ser atendido por inhalación de fume

O vehículo envolto en lapas perdeu os freos e esnafrouse contra unha vivenda

O autobús quedou completamente calcinado
G24.gal 04/11/2022 20:13 Última actualización 04/11/2022 20:22

O autobús facía a súa ruta diaria de volta do colexio público de Gondomar con 15 alumnos no interior, nenos de entre 4 e 11 anos. Durante unha parada na parroquia de Morgadáns a coidadora percatouse de que saía fume do motor. O primeiro foi sacar os pequenos, que estaban moi asustados.

"Os nenos choraban moito", "Sacáronos a condutora e a monitora, que estaban moi alteradas as dúas. A sorte foi que se abriu a porta do autobús, chega ser un fallo eléctrico e os pequenos morren coma chinches aí dentro", comentan os veciños.

O autobús perdeu os freos e bateu contra o muro dunha casa. O propietario e outro veciño intentaron apagar o lume con mangueiras.

"Se non é polos veciños que apagaron o lume, aquí hai unha desgraza", di unha testemuña.

Cando chegaron os bombeiros o lume estaba practicamente sufocado.

Óscar Arévalo, coordinador de Emerxencias do Val Miñor, cóntanos: "Xa estaba case apagado, pero como houbo verteduras de aceite tivemos que limpar todo para que non se producisen accidentes".

Un neno de catro anos tivo que ser atendido por posible inhalación de fume. Primeiro na ambulancia, no propio lugar, despois, de modo preventivo, trasladárono ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade