Publicador de contidos
Publicador de contidos

Taboada acolle o I Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra

Taboada acolle o I Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra

Este encontro fixa ademais a súa mirada nas mulleres e a viticultura

G24.gal 09/06/2023 14:51

Arranca en Taboada Raizames, o primeiro Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra. Ademais de poder descubrir e gozar do viño durante toda a fin de semana, o encontro engloba tamén diversas propostas culturais como a música, a poesía, a literatura ou a danza, entre outras moitas. 

"Cremos que é imprescindible que haxa un encontro da cultura do viño para salvagardar a propia cultura do viño, para poñer en valor o territorio e as persoas. As persoas que gardan ese legado que mantiveron durante tempo, e que a propia xente nova vexa e sinta a valía e a riqueza de todo o que temos no noso territorio", explica Tamara Castro, presidenta da Asociación de Comerciantes de Taboada.

Falan da cultura do viño, que aquí engloba moitas miradas: dende a propia forma de cultivar as vides tan característica na Ribeira Sacra, ou as comidas típicas na época da vendima ata a música, a danza, a fotografía ou a poesía por exemplo. Todo iso está presente neste encontro. E, por suposto, tamén os seus viños que terán un lugar especial.

"Este espazo do viño 'Atmósfera viño', encadrado dentro de Raizames, vai consistir nunha gran vinoteca, un gran chill-out con música e arte onde se van poder catar bloques didácticos de viños", di o asesor enolóxico Roberto Regal.

Este encontro fixa ademais a súa mirada nas mulleres e na viticultura, tamén no público familiar, e ofrece a posibilidade de realizar mesmo unha ruta cultural do viño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar