Publicador de contidos
Publicador de contidos

Taiwán responde ás manobras chinesas cun simulacro de defensa con fogo real

Taiwán responde ás manobras chinesas cun simulacro de defensa con fogo real

Pequín prorrogou un día máis as súas manobras, malia que ían rematar o domingo

G24.gal 09/08/2022 09:29

O Exército de Taiwán comezou hoxe manobras con lume real para poñer a proba a súa capacidade defensiva ante unha posible invasión chinesa, na mesma xornada en que Pequín prolongou a un sexto día consecutivo os exercicios militares ao redor da illa que comezaron o pasado xoves.

A área de adestramento, que abarca un quilómetro de costa en Fenggang, simula o modo de combate defensivo co cal as forzas taiwanesas buscarían bloquear un avance inimigo no mar. A zona de exercicios non se “superpón en absoluto” coa utilizada nos días anteriores polo Exército chinés, din as autoridades taiwanesas

A crise entre Taiwán e A China orixinouse pola visita á illa a pasada semana da presidenta da Cámara de Representantes dos EUA, Nancy Pelosi, ante a cal Pequín advertira de que tomaría serias represalias.

O ministro de Relacións Exteriores de Taiwan, Wu Zhaoxie, afirmou que as manobras chinesas son “unha provocación irrazoable” e que a viaxe de Pelosi “é só unha escusa". “A China está a tratar de converter o Estreito de Taiwán nun mar interior, negando o statu quo de que é unha vía fluvial internacional, afectando o dereito da comunidade internacional á liberdade de navegación”, engadiu Wu.

Pola súa banda, o Exército chinés anunciou hoxe que prolongará por sexto día consecutivo as manobras militares que leva a cabo ao redor de Taiwán desde o pasado xoves, que inicialmente debían concluír o pasado domingo e xa se prolongaron dúas xornadas máis do previsto.

Nun comunicado publicado na rede social Weibo -equivalente a Twitter, censurado no país-, o Exército Popular de Liberación (EPL) indicou que "continuará organizando manobras conxuntas por mar e aire orientadas ao combate", centrándose este martes en "contención e operacións de seguridade conxuntas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade